Somos un grupo do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo na Facultade de "Ciencias da Educación e do Deporte" en Pontevedra.Este blog creouse para publicar os materiais de "Novas tecnoloxías"
O tema no que nos queremos centrar é o das necesidades especiais, máis concretamente na creación con software e materiais audiovisuais adaptados para nenas/os xordas/os ou con dificultades auditivas. Tamén buscamos a integración no grupo e a aprendizaxe da Lingua de Signos Española no alumnado.
Enredadevos neste mar de soños que é a infancia e divertidevos con nós. Porque soñar é "liberar o noso inconsciente, o filtro de censura do pensamento"
BENVIDAS/OS

martes, 20 de marzo de 2012

Por qué e cómo fixemos a análise de recursos?


Obxectivo
O obxectivo desta actividade é o de facilitar e achegar información e recursos que consideramos de gran valor para a atención da diversidade na aula. Consideramos que sería de gran valor o uso xeneralizado das aplicacións analizadas, non solo polos nenos con NEAE, senon por todos, e así servir tamén como ferramenta de sensibilización hacia problemática de certas discapacidades.
Metodoloxía
  • Primera visualización de 10 páxinas web e 15 aplicacións de libre acceso en total que nos foron aconselladas tanto polo profesor da asignatura de “Prevención e tratamento das dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento” como por contactos personais con mestres especialistas de audición en linguaxe.
  • Unha primeira escolla de 8 páxinas web e 7 recursos, para estudialos en mais profundidade. Os criterios de escolla son: claridade da información, facilidade de manexo das aplicacións e claridade de instruccións, utilidade na aula e interese para o docente.
  • Análise e avaliación exhaustiva das  páxinas web e  aplicacións máis interesantes

No hay comentarios:

Publicar un comentario