Somos un grupo do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo na Facultade de "Ciencias da Educación e do Deporte" en Pontevedra.Este blog creouse para publicar os materiais de "Novas tecnoloxías"
O tema no que nos queremos centrar é o das necesidades especiais, máis concretamente na creación con software e materiais audiovisuais adaptados para nenas/os xordas/os ou con dificultades auditivas. Tamén buscamos a integración no grupo e a aprendizaxe da Lingua de Signos Española no alumnado.
Enredadevos neste mar de soños que é a infancia e divertidevos con nós. Porque soñar é "liberar o noso inconsciente, o filtro de censura do pensamento"
BENVIDAS/OS

Tarefas

Canción "Bosque de la China" en LSE

Achegamento á lingua de signos por medio dun recurso audiovisual de creación propia no que se superpón a imaxe dunha tradutora de lingua de signos ao videoclip da canción infantil “Bosque de la China”
Este recurso pode utilizarse para cantar todos en grupo na aula o retrouso da canción, por exemplo, e así achegarse de forma divertida, creativa e interactiva á lingua de signos.
 
Enlace á canción:
 
 

Xogos para familiarizarse coa lingua de signos

Unha batería  de xogos creados con hotpotatoes  para familiarizar ao alumnado coa língua de signos e/ou con temáticas de sensibilización hacia o mundo da discapacidade, máis concretamente de nenos e nenas con dificultade auditiva. 
Tamén dispoñemos ao público os xogos educativos de interese que foron analizados baixo o nome de "Lectoescritura adaptada".

Enlaces dos xogos creados por nós:

Enlace de "Lectoescritura adaptada":

Contos infantís signados en LSE

Contos infantís signados na "Lingua de Signos Española" para que os nenos e nenas accedan a eles de forma fáciL, proporcionados pola Biblioteca de Signos Miguel de Cervantes e analizados por nós.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario